27 abril: repunte de vitimas 331 persoas en España chegamos a 23.521. Galicia chega a 519 mortos

27 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 27 de abril.

– 23.521 mortos, fronte aos 23.190 falecidos do domingo. Son 331 mortos máis.

-209.465 confirmados por PCR. Eran 207.634 o día anterior.

-1.831 novos casos.

-100.875 curados, fronte aos 98.732 do domingo. 2.144 máis que o domingo.

Galicia rexistra 490 persoas en unidades de hospitalización 11 novos. Hai 85 ingresados en UCIs e o número de vitimas ascende a 519 dos cales 125 en residencias e curados 1.816, 13 novos.

​A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol. O número de PCR realizadas en Galicia é de 85.690.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.