25 abril: Estable o número de mortos diarios por COVID-19 en España,378 nas últimas 24 horas. Chegamos ós 22.902 vitimas. En Galicia 504

25 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 25 de abril:

– 22.902 mortos, fronte aos 22.524 falecidos do venres, 378 máis.

-223.759 contaxiados en total, fronte aos 219.764 da véspera.

– 205.905 confirmados por PCR. 202.990 o día anterior,

– 2.944 máis 95.708 curados, fronte aos 92.355 do venres, 3.353 máis.

O falecemento doutras dúas persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) eleva a 504 as vítimas mortais do COVID-19 en Galicia, que nesta xornada superou o medio milleiro de mortes vinculadas coa crise sanitaria do coronavirus (388 en atención hospitalaria e 116 en residencias de maiores). Fontes sanitarias confirmaron que nas últimas horas faleceron unha muller de 68 anos e un home de 70 que estaban ingresados no CHUS e que tiñan patoloxías previas. Previamente, nesta mesma xornada na que Galicia superou o medio milleiro de vítimas mortais, Sanidade informou da morte dun home de 91 anos de idade, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI); dun home de 71 anos, ingresado no hospital vigués Povisa; e dunha muller de 97 anos, que estaba a ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO). Todos eles con patoloxías previas. Así mesmo, este venres tamén se notificou o falecemento dunha muller de 87 anos de idade, que estaba ingresada no Hospital Público de Verín (Ourense), neste caso, sen patoloxías previas. Con esta actualización, o número de falecidos en atención hospitalaria ascende a 388, entre os que está unha persoa que recibía atención hospitalaria no seu domicilio. Por áreas, rexistráronse 110 mortes na área sanitaria da Coruña, 76 na área de Vigo, 77 na área sanitaria de Ourense, 62 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

Por outra banda, a Xunta de Galicia notificou este venres ao Ministerio de Sanidade a morte de 4 persoas en residencias de maiores, que presentaban síntomas compatibles con infección por coronavirus, pero que non foron sometidas ás probas de confirmación. Tras esta actualización, ascenden a 20 os falecidos en residencias galegas nesas circunstancias desde o pasado 8 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...