20 abril: Galicia alcanza os 450 falecidos con COVID-19 tras dúas novas vítimas en hospitais

19 Abril 2020


Dous novos falecementos rexistrados nas últimas horas en hospitais galegos elevaron a cifra de mortos con coronavirus en Galicia ata os 450. As 8 vítimas coñecidas ao longo deste domingo supoñen a cifra diaria máis baixa de todo o mes de abril.

Segundo informan fontes da Consellería de Sanidade, os dous últimos falecidos que foran diagnosticados con COVID-19 son un home de 79 anos que estaba ingresado en Povisa, en Vigo, e outro de 94 anos que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Ambos contaban con patoloxías previas.

Estas dúas persoas que morreron con coronavirus súmanse a outras catro das que deu conta Sanidade ao longo da xornada: dous homes de 67 e 79 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac), unha muller de 71 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) e outra de 93 que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi).

Tras a última actualización, o número de mortes rexistradas en hospitais elévase a 352: 105 na área sanitaria da Coruña, 70 na área de Vigo, 67 na área sanitaria de Ourense, 52 mortes na área sanitaria de Santiago, 22 na área de Ferrol, 22 na área de Lugo e 14 na área sanitaria de Pontevedra.

A estas 352 persoas que faleceron con coronavirus nos hospitais da Comunidade súmanse outras 98 en residencias de anciáns. As dúas últimas, rexistradas este sábado pero notificadas este domingo, correspóndense con usuarios do centro Moledo de Vigo e de DomusVi Barreiro, na mesma cidade.

Desde que empezou a pandemia, van 98 falecidos con coronavirus computados en xeriátricos. Así, morreron 20 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 18 no DomusVi de Cangas, outros 18 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e catro na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 3 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), dous na residencia San Pedro de Crecente, dúas en As Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz e outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras).

CIFRA DIARIA MÁIS BAIXA DE ABRIL
Cos oito falecidos con COVID-19 coñecidos ao longo deste domingo –seis persoas en hospitais e outras dúas que morreron este sábado en centros de anciáns–, a xornada consolídase como a de mellor dato de abril, mes que chegou a contabilizar ata 27 vítimas diarias (o día 3).

Así, habería que remontarse ao 27 de marzo para atopar unha cifra tan baixa de mortos da pandemia, en concreto sete. Con todo, hai que ter en conta que por aquel entón a Xunta aínda non informaba diariamente dos falecidos en residencias.

Así mesmo, as oito vítimas do COVID-19 coñecidas este domingo supoñen unha importante baixada con respecto aos 13 do sábado, os 14 do venres e os 13 do xoves. Tamén están por baixo do martes (14) e mesmo do luns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...