2.000 quilos de produtos de primeira necesidade a Cáritas de Boiro e Noia

30 Abril 2020

A cadea de supermercados Mercadona fixo entrega de 2.000 quilos de produtos de primeira necesidade para facer fronte ás necesidades xurdidas pola excepcional situación motivada pola pandemia. Con esta achega, a empresa valenciana continúa reforzando o envío de doazóns a distintas entidades de toda a provincia coruñesa.

No caso de Cáritas de Boiro, a entrega xestionouse por iniciativa da concellería de Política Social e enmárcase no servizo de asistencia para persoas en situación de vulnerabilidade posto en marcha polo goberno local en colaboración Cruz Vermella e Cáritas con motivo da crise sanitaria. Pola súa banda, Cáritas de Noia agradeceu a doazón nun momento no que se viron obrigados a reforzar os seus programas e servizos asistenciais.

entrega de material pro parte de Mercadona. Cedida

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.