10 abril: 605 mortos en España nas últimas 24 horas, o dato máis baixo desde o 24 de marzo. Galicia chega ós 6.946 casos e 243 mortos

10 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 10 de abril.

  • 15.843 mortos, fronte aos 15.238 falecidos do xoves. Son 605 nas últimas 24 horas, o dato máis baixo desde o 24 de marzo
  • 157.022 casos contaxiados, fronte aos 152.446 do día anterior. Son 4.576 máis.
  • 55.668 recuperados. A véspera xa foran dados de alta 52.165.

Galicia chega ós 6.946 casos confirmados, 151 deles en UCIs. Hai 243 mortos e 997 curados.

Madrid, a comunidade máis afectada, contabilizaba ata onte 43.877 contagios e 5.800 falecidos, con 1.433 persoas ingresadas na UCI e 21.121 dadas de alta. A Madrid séguelle Cataluña, cuns datos que convidan o optimismo. Segundo o último rexistro, o número de persoas falecidas por mor da COVID-19 nas últimas 24 horas foron 83, a cifra máis baixa rexistrada nesta comunidade desde o 23 de marzo, co que o cómputo global desde o comezo da pandemia elévase a 3.231 persoas. PUBLICIDADE O departamento de Saúde da Generalitat informou de que nas últimas horas confirmáronse 684 positivos novos, menos da metade que o xoves (1.396), o que suma un total a 31.727.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.