Xunta e FEGAMP inician o reparto de equipos de protección aos concellos

23 Marzo 2020

A Xunta inicia a partir de hoxe o reparto de equipos de protección entre os concellos galegos en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Así o anunciou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras unha videoconferencia cos delegados territoriais para coordinar a acción da Administración autonómica ante a epidemia do coronavirus.

A medida, acordada en conversas coa FEGAMP, vai destinada, principalmente, aos concellos máis pequenos que necesitan eses medios e non teñen outra forma de adquirilos. Distribuiranse, nun primeiro envío, 15.000 mascarillas e 100.000 pares de luvas. Neste senso, o vicepresidente explicou que “estou seguro de que será unha axuda importante para que tamén desde os servizos que ofrecen os concellos poidan seguir traballando e protexendo aos funcionarios municipais nas tarefas esenciais que tamén desenvolven.”

Así mesmo, Rueda puxo de manifesto que mañá comezan os traballos das brigadas da Consellería do Medio Rural para dedicarse, tamén nos concellos máis pequenos, a tarefas de desinfección de exteriores de centros sanitarios, residencias e centros sociosanitarios.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.