Xunta e Federación Galega de Comercio avalían as medidas de prevención fronte ao coronavirus

18 Marzo 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse por videoconferencia co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, para avaliar as medidas de prevención fronte ao coronavirus adoptadas polo sector, así como as solicitudes trasladadas ao Goberno central e que a Xunta estuda complementar con apoios no eido laboral e económico.

Entres as principais medidas trasladadas ao Goberno figuran o aprazamento de impostos e taxas ao sector; apoios para dotar de liquidez ao tecido produtivo e a bonificación do 100% da cota de autónomos. Neste senso, o conselleiro destacou que, tendo en conta que a prioridade é o ámbito sanitario, o obxectivo é promover iniciativas que permitan manter o emprego e atenuar o impacto económico no sector.

Xunto con isto, no encontro avaliáronse, as medidas de prevención fronte ao coronavirus, recollidas no Diario Oficial de Galicia, que foron aprobadas polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) da Xunta de Galicia e entraron en vigor o luns 16.

No que respecta á actividade comercial minorista permitida en Galicia, este decreto especifica que poden abrir os establecementos que ofertan bens de primeira necesidade. É o caso do comercio de alimentación: froiterías, carnicerías, peixerías, panadarías e pastelerías, tendas de licores e calquera outro tipo de produtos alimentarios. Tamén establece que poderán permanecer abertas as gasolineiras, as tendas de informática, de servizos audiovisuais e de telefonía, tendas de animais, quioscos de prensa e papelería, farmacias, parafarmacias, ópticas e ortopedias.

Manterán, tamén, a súa actividade, as tendas de sementes e fertilizantes, e o comercio ao retallo de pintura e vidro en establecementos especializados, en tanto que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para o seu correcto funcionamento.

O documento establece, ademais, que seguirá prestando servizo o sector financeiro (bancos, aseguradoras e inmobiliarias); os servizos de saúde como clínicas, laboratorios, dentistas, médicos, fisioterapeutas, pedagogos, psicólogos e veterinarios. Tamén as lavandarías, os técnicos reparadores, os avogados, notarías e xestorías, os servizos funerarios e de venda automática.

Así mesmo, o documento precisa que tódolos establecementos comerciais de primeira necesidade terán liberdade horaria para fixar, sen limitacións, o peche e a apertura.

Sobre a permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida, deberá ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade, quedando suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan unha distancia de seguridade coa finalidade de evitar posibles contaxios. Os encargados dos establecementos e persoal de seguridade serán os directamente responsables de facer cumprir estas medidas.

A Federación Galega de Comercio é unha das entidades coas que se reuniu o conselleiro para poñer á súa disposición a guía elaborada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), onde se recollen as medidas de prevención fronte ao coronavirus que se deben adoptar en tódolos centros de traballo.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

As actividades do Día da Muller de Porto do Son proseguen ata xuño

Esta semana proseguiron as actividades do Concello de Porto do Son para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. A axenda comezou cunhas xornadas gratuítas de ioga e proseguiu coa Andaina pola Igualdade deste domingo 16, continuando na Biblioteca Municipal este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...