URXENTE: Decretada emerxencia sanitaria en Galicia

13 Marzo 2020

A partir das 12 da noitedeste venres pecharan todolos bares e restaurantes. Unicamente dará servizo a restauración ós seus clientes residentes e poderán dar servizo os establecementos que faciliten comida a domicilio con certas medidas.

O Consello da Xunta declarou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia, o que dá potestade ao Goberno galego para tomar medidas que afecten á cidadanía.

Alberto Núñez Feijóo explicou que poderá implicar as modificacións orzamentarias necesarias para facer fronte á propagación do coronavirus e convidou os cidadáns ao illamento social. A Xunta activou o plan territorial de emerxencias, que se instrumentará mediante un centro de coordinación operativo que dirixirá o propio Feijóo, acompañado polo vicepresidente da Xunta, o delegado do Goberno, o conselleiro de Sanidade e persoal de emerxencias e forzas de seguridade.

O presidente da Xunta anunciou o peche ao público de bares, restaurantes e cafeterías. Poderán prestar servizos de envío a domicilio e entregar comida no local “gardando a distancia de seguridade establecida” e @teniendo en cuenta que “a permanencia no establecemento será a estritamente necesaria”. Non quedan afectados os servizos de restauración de hoteis sempre que se dediquen aos propios clientes do hotel. Tampouco as cafeterías que estean en locais de servizos públicos.

Poderán seguir operando os comercios polo miúdo de alimentación: fruterías, carnicerías, farmacias, gasolineiras e peixarías. Para as grandes superficies impóñense restricións, pois só poderán ter aberta a zona dos establecementos de alimentación. Clausuranse os cinemas e teatros, salas de xogo, concertos e auditorios; tamén recintos feirais de lecer e entretemento, furanchos, cafés espectáculo, pavillóns, ximnasios, piscinas e albergues do Camiño de Santiago.

Tamén se impoñen límites para os funerais e de 25 persoas nos tanatorios. O obxectivo é limitar ao máximo as concentracións de xente. Estas medidas actualizaranse diariamente, pero a previsión é que estean en marcha desde as 00.00 horas do sábado e durante 14 días.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...