Últimos datos: Galicia rexistra a maior suba de contaxios nun día 250. España rexistra 2.182 mortos e 33.089 contaxios por coronavirus

23 Marzo 2020

En Galicia rexistranse 1.170 casos en total. Deles 298 son da área da Coruña, 62 da de Lugo, 142 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago, e 37 da de Ferrol.

Son as cifras oficiais que acaba de facer público a Xunta. Son máis de 250 casos máis que onte domingo. Do total de pacientes positivos contados pola Xunta, 46 permanecen en UCI, 270 están en unidades de hospitalización e 854 no domicilio.En Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos.

O último falecido era un home de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que tiña patoloxías previas. O balance de mortos e casos de coronavirus en España o 23 de marzo de 2020 é un 27% máis de falecidos e 16% máis de contaxios.

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España. Segundo os últimos datos, o luns 23 de marzo os datos son:

33.089 infectados. A véspera eran 28.572. 2.182 mortos, fronte aos 1.720 do domingo. 3.335 altas. A véspera eran 2.575. 2.335 en UCI. O domingo eran 1.785 pacientes

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.