UGT e CIG convocan folga en parte do sector da estiba pesqueira en Ribeira e A Pobra

05 Marzo 2020

Os sindicatos UGT e CIG veñen de convocar folga na empresa estibadora Consignaciones Barbanza SL, a cal se iniciará o luns 9 con carácter indefinido nunha primeira instancia e de forma parcial con paros de dúas horas diarias.

Desde os sindicatos manifestan que as principais reivindicacións “xorden da falta de acordo legal das relacións laborais, que si están reguladas mediante convenio colectivo nas outras dúas empresas que operan nos peiraos de A Pobra e Ribeira. As melloras nas condicións laborais, sobre todo salariais, de organización do traballo e en materia de prevención de riscos laborais son o eixo do convenio colectivo que se reivindica pola parte social.”

A folga afectará indirectamente a empresas transportistas e industria conserveira, segundo sosteñen, “posto que se verá comprometido a subministración regular de túnidos a granel.”

Afectará tamén ás empresas consignatarias de buques e navieiras nos traballos de desestiba e a Portos de Galicia, xa que os centros de traballo afectados teñen as instalacións emprazadas nos peiraos de Ribeira e A Pobra.

Finalmente, sinalan que a comunicación formal foi realizada á empresa este martes, así como ás Administracións públicas afectadas: Consellería de Economía, Emprego e Industria; Consellería do Mar; Portos de Galicia; e Subdelegación do Goberno en A Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.