Teléfono coronavirus 900 400 116. Chamado de Sanidade non usar o 112 e 061 que deben usarse para outras emerxencias

13 Marzo 2020

Líña de teléfono especifica do 061 para coronavirus desde hoxe é 900400116…..difundideo. Estase colapsando as liñas 112 e 061.

A Xunta de Galicia habilitou un número de teléfono exclusivo e gratuíto para que os cidadáns poidan ser informados ou para avisar sobre posibles casos de coronavirus. É o 900 400 116. O conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, pediu aos galegos que utilicen este número para as súas consultas. E que deixen o número tradicional de urxencias do Sergas, o 061, para «as emerxencias e as patoloxías graves». No ámbito sanitario galego acordouse coas xerencias das áreas sanitarias potenciar a consulta telefónica en áreas primarias e hospitalarias, para «diminuír a afluencia» a centros de saúde e hospitais.

A consellería pediu que se «mobilice o menos posible» a pacientes crónicos ou inmunodeprimidos, para non poñelos en risco. Desde a consellería de Sanidade lembran que: «Se vostede viaxou a unha área de rocha e, nos 14 días seguintes a súa chegada, presenta síntomas de infección respiratoria como febre, malestar xeral, cansazo, tose ou dificultade para respirar, non vaia directamente a un centro sanitario. Chame ao 061. Para solicitar información xeral sobre o Coronavirus pódese chamar ao número 900 400 116.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.