Suspéndese a venda de permisos de pesca fluvial e permítese a apertura de tendas de alimentación animal

17 Marzo 2020

En cumprimento das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da declaración do Estado de alarma, declarada polo Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda decide suspender a venda de permisos de pesca fluvial. Así se fai público na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal/.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural tamén traslada que, no momento en que se declare o levantamento das restricións establecidas -como consecuencia da declaración do estado de alarma-, volverase a habilitar novamente a posibilidade de acceder a súa venda.

Neste senso, a Consellería de Medio Ambiente habilitará un procedemento para a devolución das taxas correspondentes aos permisos de pesca fluvial coincidentes coas datas de vixencia do presente estado de alarma. As taxas aboadas para a expedición dun permiso van desde os 2 euros para a pesca sen morte ata os 13 euros, para pesca de 1º categoría (válida para a captura de salmón e resto de especies).

Ademais, lémbrase que poderán permanecer abertas as tendas de alimentación de animais, así como os servizos veterinarios. No que respecta ao centros de acollida, o persoal seguirá acudindo a alimentar e coidar dos animais que se atopen ingresados nun centro destas características e os técnicos dos centros de recuperación de fauna silvestre continuarán co desenvolvemento das súas funcións.

Tamén se recorda que só os propietarios sen síntomas poderán sacar aos seus cans a pasear, de xeito individual; co fin de que os cánidos poidan facer as súas necesidades. Non obstante, non será necesario limpar con ningunha sustancia desinfectante a zona defecada, tras a retirada da feces do can.

Compre incidir en que a información científica indica que os animais de compañía non padecen nin transmiten o coronavirus.

Outros artigos

Concentración no Consistorio da Pobra en memoria das vítimas de Urda

A contorna da Casa Consistorial da Pobra acolleu este xoves 29 ao mediodía a celebración dun minuto de silencio gardado en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo). O Concello da Pobra do Caramiñal expresou o seu máis profundo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.