SEA visita Alicrusa, empresa que adquiriu máis de 13.000 metro cadrados de solo na Pobra

02 Marzo 2020
Cedida

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este luns ao parque empresarial da Pobra do Caramiñal -un dos 13 que xestiona a entidade en Galicia-, co obxectivo de coñecer os plans futuros de Alicrusa, empresa do grupo Suflenorsa, que en 2019 adquiriu as últimas tres parcelas dispoñibles na área.

Así, durante a visita tívose a oportunidade “de primeira man a actividade dunha empresa magnífica, Suflenorsa, exemplo das actividades que se poden desenvolver en Galicia”, pero tamén de poder “testar a demanda para a ampliación do polígono empresarial e coñecer, cos sectores máis importantes, os seus plans e visións e as súas necesidades para estudar a viabilidade da posible ampliación e a súa adaptabilidade ás necesidades existentes”, segundo explicou Beatriz Sestayo.

Con este encontro, a xerente de SEA inicia os contactos para avaliar a posible demanda futura que pode existir para acometer a ampliación do polígono da Pobra, que esgotou a súa superficie existente en 2019, tras a compra das tres últimas parcelas por parte de Suflenorsa. Beatriz Sestayo e o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, acordaron recentemente analizar esta posibilidade de ampliación, co compromiso do goberno local de encargar un estudo técnico que avalíe o proxecto.

A empresa Alicrusa, vinculada ao sector pesqueiro, emprega na actualidade a 21 persoas nas súas instalacións da Pobra. A empresa iniciou a súa actividade no municipio en 2007 e dispón dunhas cámaras frigoríficas de 10.000 toneladas de capacidade e unha sala de elaborados.

Segundo explicou o xerente de Alicrusa, José María Rodríguez, a compañía confía en finalizar a construción das súas novas instalacións para desenvolver unha plataforma nova de elaboración e iniciar a súa actividade ao redor de finais de 2021, coa previsión de comezar a operar cun persoal de 15 persoas, que se incrementaría ao redor de 25 ou 30 no prazo dun ano. A este respecto, José María Rodríguez, indicou que “a nosa intención é estar aquí e apostar pola zona, porque cremos que ten un potencial importante, unha industria conserveira enorme e é unha zona que realmente require deste tipo de industria.”

As novas instalacións situaranse nas parcelas adquiridas a SEA, que suman 13.178 metros cadrados de superficie e cuxo prezo de venda foi de 988.350 euros máis IVE.

A zona de ampliación do polígono, executada por SEA, inaugurouse en 2015 e esgotou en catro anos o chan dispoñible, que alcanzaba en superficie bruta os 106.350 metros cadrados, con 76.431 metros cadrados destinados a parcelas de distinto uso para dar cabida a todo tipo de actividades empresariais.

Na visita tamén participaron Sonia Cespón, de Alicrusa, e José Rey Hermida, responsable comercial de SEA.

SUFLENORSA naceu no 1984 como empresa de servizos ás frotas española e portuguesa e creceu no sector da pesca, consolidándose coa creación en 1991 de Suflenorsa Consignacións, unha das axencias marítimas con maior prestixio de Europa.

En 1995 puxo en marcha Suflenorsa Aduanas para completar o ciclo de servizos que prestaba, o cal se incrementou en 2002, con Suflenorsa Transitarios. Na actualidade, o grupo Suflenorsa conta cunha planta frigorífica, Alicrusa, na Pobra do Caramiñal, e unha nave no Porriño para almacén de mercadorías.

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo -Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade-, da Coruña -Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo- e de Pontevedra -Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dunha centena de empresas.

Outros artigos

A Pobra acende o seu Nadal ao son da música e degustando chocolate

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban...

+

Adíase o concerto de Gallaecia Small Band na Pobra por mor da chuvia

A Pobra do Caramiñal acenderá o seu Nadal cun acto no 30 de novembro. Unha das actividades programadas é o concerto de Gallaecia Small Band que, finalmente, o Concello opta por adiar debido á previsión de chuvia para as últimas horas da tarde. A nova data é o 24 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...