Risoterapia e musicoterapia integran o programa de envellecemento activo na Pobra

06 Marzo 2020

Un ano máis, o pobrense Centro Sociocomunitario e de Benestar dará cabida a un novo programa de envellecemento activo que contempla risoterapia e musicoterapia. Dúas accións que contribúen a complementar unha alimentación saudable e exercicio a través da autoestima, autonomía persoal, estimulación cognitiva e relacións sociais, entre outros. Así o desvelaron esta mañá o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Servizos Sociais, Estefanía Ramos; e o director do referido centro, Ricardo Lago.

A edil Estefanía Ramos detallou como se dividen as sesións. Durante o primeiro semestre, risoterapia desenvolverase do 27 de marzo ao 29 de maio; mentres que musicoterapia terá lugar do 26 de marzo ao 28 de maio. Xa no segundo semestre, risoterapia impartirase do 25 de setembro ao 13 de novembro; e musicoterapia do 8 de outubro ao 3 de decembro.

Na súa intervención, Ricardo Lago fixo fincapé nos beneficios deste programa, pois apuntou que os obxectivos primordiais do envellecemento activo radican “no mantemento da saúde, tanto a nivel físico coma mental, de que as persoas maiores poidan participar plenamente na sociedade da que forman parte e, sobre todo, de mellorar a súa calidade de vida.” No que respecta á risoterapia, explicou que permitirá mellorar o estado emocional, fortalecendo a autoestima, constituíndo unha actividade que cualificou como “claramente saudable.” En canto á musicoterapia, apuntou que se trata dunha disciplina que emprega a música, o son, o movemento e o ritmo cuns fins terapéuticos. Neste senso, ambas actividades permitirán “manter e recuperar as capacidades a nivel cognitivo, que as persoas maiores poidan seguir vivindo no seu medio e facer unha vida independente e, ao mesmo tempo, participar activamente na sociedade e sentirse partícipes da mesma.”

Pola súa parte, o rexedor Xosé Lois Piñeiro destacou que “hai unha demanda forte por parte das persoas participantes e un elevado grao de satisfacción”, polo que ano a ano se incrementa a axuda e o número de horas. Así mesmo, expresou o seu agradecemento aos implicados neste programa e fixo un chamamento para que máis homes se animen a asistir a este tipo de actividades. Concluíu sinalando que “o que queremos é que as nosas persoas maiores teñan esta posibilidade de envellecer de forma activa para mellorar a súa saúde e calidade de vida.”

O prazo de inscrición xa está aberto, podendo formalizarse nas propias instalacións do Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal. No pasado ano contouse coa participación de ao redor de 60 persoas, podendo acadar 70 neste 2020. O custe total destes cursos ascende a 5.449’61 euros con cargo ás arcas municipais.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.