Ribeira refórzase na desinfección de vías públicas e vehículos municipais

18 Marzo 2020

Dentro da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 do día de hoxe, o Concello de Ribeira adoptou dúas novas medidas encamiñadas a reforzar a desinfección do municipio no marco das competencias da Administración local.

Así, unha delas foi autorizar á empresa concesionaria de limpeza ao emprego de hipoclorito nas tarefas de baldeo de vías e espazos públicos nunha proporción de 2’5 litros por cada mil: trátase dunha nova medida relacionada con este servizo que se suma á acordada hai dous días para que se priorice a desinfección de mobiliario urbano -especialmente, marquesiñas e contedores de apertura manual- en detrimento de recursos humanos e materiais que habitualmente se invisten en lugares coma os paseos marítimos.

A segunda medida reside na utilización dun equipo de ozono para a desinfección de interiores de vehículos municipais grazas a unha empresa de lavado da cidade que se ofreceu desinteresadamente.

No transcurso da reunión tamén se tomaron outros acordos cunha perspectiva social coma son a intención de colocar carteis informativos nos supermercados, farmacias ou estancos para apelar á cidadanía a que se poña en contacto co Concello se coñece algún caso de persoas con dificultades á hora de abastecerse, toda vez que as necesidades en canto a voluntariado -que como se informou onte está sendo coordinado entre o GAEM e Servizos Sociais- está nestes momentos cuberta, con independencia de que fose necesario incrementalas nun futuro. A este respecto, os números de teléfono aos que pode chamar a veciñanza son o 981870933 (Atención ao Maior, operativo de forma permanente), 981874131 (Servizos Sociais) e 981876029 (Protección Civil).

Ademais, solicitouse aos profesionais municipais competentes que busquen unha solución adecuada para dar cobertura ás persoas en situación de vulnerabilidade social -especialmente, toxicómanos- coa fin de evitar que estean na rúa.

Por outra banda, tomáronse medidas para axilizar administrativamente a contratación de subministros especificamente destinados a afrontar necesidades vinculadas co coronavirus e ratificouse o funcionamento do mercadiño dos sábados na súa parte dedicada a alimentación, incidindo na necesidade de manter unha adecuada separación entre os postos e colocando, ademais, carteis recordatorios de medidas recomendadas polas autoridades sanitarias en canto a distancia entre usuarios ou medidas hixiénicas, entre outros.

Cómpre sinalar que o alcalde mantivo contactos coas empresas conserveiras do municipio, tanto para coñecer os protocolos que están adoptando coma as súas necesidades. Do mesmo xeito, tamén se interesou pola situación de entidades coma o Centro de Día e a residencia do maior por se precisan a colaboración do Concello.   

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...