Rianxo propón #RXtreaming para loitar contra o aburrimento

19 Marzo 2020

O Concello de Rianxo propón investir parte do tempo de confinamento durante esta crise cunha iniciativa de creación de contidos dixitais de todo tipo: música, contos, monólogos, divulgación… para seren publicados na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co hashtag  #RXtreaming

A fin é a de ​​​​​​​combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira.

O modo de participación é doado:

1. Crea o teu vídeo
Música, monólogo… o que se che ocorra!

2. Envíanolo ou Publícao
 rs@concell​​​​​​​oderianxo.gal ou publícao e etiquétao co hashtag #RXtreaming

3. Avísanos
 Por Telegram ou WhatsApp no 667 18 55 77

​​​​​​​4. Publicarémolo nas nosas redes sociais e, de ser o caso, na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLh5xocokVD9BcWxQV2arzPWeEolZrr9GZ

De forma puntual, lanzaremos algún reto. Anímate e participa!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...