Rianxo informa á veciñanza sobre como contribuír á correcta xestión do lixo no estado de alarma

24 Marzo 2020

O estado de alarma e confinamento por mor da pandemia do COVID-19 déixase notar tamén na xestión e recollida local dos residuos urbanos, un servizo básico no que a cidadanía, por mor das restricións, tamén ten que poñer da súa parte co fin de optimizalo. Neste senso, o Concello de Rianxo vén de emitir un bando informativo no que avanza que o servizo segue a funcionar con normalidade e no que fai un chamamento á veciñanza para botar unha man nas tarefas despregadas polos traballadores.

Co fin de estender estas boas prácticas, o Goberno local reflicte unha serie de recomendacións extraídas das instrucións sobre xestión do lixo na situación actual de alarma.

Entre estas recomendacións para fogares con positivos ou en corentena, inclúense as seguintes:

· Incluír nunha bolsa de plástico específico na habitación da persoa afectada os residuos do doente, incluído o material desbotábel empregado pola persoa enfermo. Non se deberá facer separación algunha para a reciclaxe.

· A bolsa de plástico deberá pecharse axeitadamente e introducirse nunha segunda bolsa, á beira da saída do cuarto, onde tamén se introducirán as luvas e a máscara usados polo coidador.

· A segunda bolsa resultante deixarase co resto dos refugallos doméstico na bolsa de lixo que corresponde ao cubo de fracción resto.

· Farase nada máis rematar este labor unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos durante 40 segundos.

· A bolsa con todo o contido devandito depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto-orgánico, nunca no amarelo.

Para os fogares sen positivos ou corentena, achégaselles as seguintes recomendacións:

· Levar a cabo como decote o labor de separación habitual dos refugallos, tentando maximizar a separación ao obxecto de reducir a fracción resto xerada.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...