Os youtubers seguen a encher de vídeos o Rianxo Streaming Festival

23 Marzo 2020

A xente da música, a arte e a divulgación, e a veciñanza youtuber en xeral seguiu esta fin de semana que vimos de deixar atrás facendo importantes contribucións ao Rianxo Streaming Festival, o festival de audiovisuais online lanzado polo Concello para, por unha banda, combater a monotonía dos días de reclusión motivados pola pandemia de COVID-19 e, pola outra, para face irmandade e forza común arredor dun problema que nos afecta a todas e todos.

Entre as novas incorporacións cómpre salientar o cantar Collín toxos e flores interpretado de maneira simultánea (e dende distintos emprazamentos de confinamento) por integrantes da Asociación Fogo Fatuo, ou, tamén, a rumba Montealegre que interpreta, tocando unha manchea de instrumentos, José Caamaño Romero. O primeiro dos vídeos xa amorea case 600 reproducións e o segundo vai preto das 800.

Caamaño Romero interpretando unha manchea de instrumentos no seu vídeo

O certame

O Concello de Rianxo quixo pór o seu gran de area para facer que o confinamento da veciñanza fose estes días o máis levadeiro posíbel. Por esta razón, puxo en marcha esta semana un certame de creación de “contidos dixitais contra aburrimento na corentena”, o Rianxo Streaming Festival. O obxectivo é converter en fervedoiro de talento e participación a reclusión forzosa da xente nos seus fogares derivada do estado de alarma para frear o espallamento do andazo de COVID-19.

Co gallo do festival poderase presentar todo tipo de contribucións dixitais: música, contos, monólogos, divulgación, etc. Este material será publicado na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co cancelo #RXtreaming. “O noso obxectivo non é outro que combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira”, explican dende o Concello, debullando os pasos para participar no certame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...