Os Empresarios de Ribeira aclaran a súa postura sobre o aparcadoiro do novo Auditorio

06 Marzo 2020

A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado expresando o seu malestar pola información recentemente publicada na cal se daba a coñecer a vontade da patronal de apoiar a construción dun aparcamento subterráneo baixo o futuro Auditorio Municipal. A asociación sinala que as referencias á entidade na dita información, achegada este 4 de marzo, resultan erróneas, ao responsabilizar á entidade duns datos “que nós non temos trasladado directamente”, sinala no comunicado, engadindo que a patronal ribeirense é unha asociación sen ánimo de lucro “totalmente independente” e que carece de “vencellos políticos”, polo que “mantemos totalmente á marxe das disputas das diferentes formacións políticas municipais”.

Na carta de aclaración, os empresarios ribeirenses sosteñen que a súa posta é que se habilite un estacionamento nas inmediacións do novo Auditorio, “xa que a nosa primeira opción é inviable segundo os técnicos do Concello”. E engaden: “Só perseguimos o que cremos mellor para os intereses dos nosos socios e da nosa cidade, pero non queremos que as nosas accións e manifestacións sexan manipuladas para acadar ningún fin político”.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.