O voluntariado de Protección Civil da Pobra axuda na compra de alimentos á veciñanza con mobilidade reducida

17 Marzo 2020

As entidades e organizacións da nosa comarca están a poñer todo da súa parte para paliar os efectos negativos derivados do confinamento e as restricións de mobilidade derivadas do decreto de alarma por mor do COVID-19. É o caso das voluntarias e voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal, que veñen de pórse do lado “dos colectivos máis necesitados” para axudalos durante o período de reclusión no fogar imposto a pasada fin de semana.

En termos concretos, o grupo de Protección Civil puxo en marcha un servizo de axuda que funcionará principalmente polas mañás, en horario de 9.00 a 13.00 horas, e do que se pode botar man a través do número de teléfono 881 083 967.

Mediante desta iniciativa, o voluntariado da Pobra porá o foco en levar alimentas ou medicamentos ás persoas con mobilidade reducida, ás persoas de idade e á poboación local de risco. Protección Civil comprométese a ir por estas veciñas e veciños á compra nas tendas e supermercados ou á farmacia na procura de medicamentos. O Grupo de Atención Sociosanitaria tamén estará operativo a través do teléfono 636 485 078.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.