O TSXG apraza a vista de apelación do caso Diana Quer ao 28 de abril pola crise sanitaria do Covid-19

25 Marzo 2020

 A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou aprazar a vista de apelación polo crime de Diana Quer prevista para o próximo 31 de marzo ao 28 de abril ás 11 horas. Os maxistrados indican na providencia que toman a decisión baixo a vixencia do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, no que se declarou o estado de alarma debido á crise sanitaria do Covid-19. O tribunal considerou “decisivo” á hora de decretar a suspensión da vista que a data de vencemento da prisión provisional decretada para o sospeitoso “non é próxima no tempo”, pois vence en decembro de 2032. A Sala do Civil e Penal tamén destaca que existen “dificultades técnicas” para a celebración por videoconferencia da vista e resaltan os “riscos para a saúde” que suporía para as persoas que necesariamente estarían implicadas nela.

A avogada do acusado recorreu ante o TSXG a sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, que, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, o condenou como autor da morte de Diana Quer á pena de prisión permanente revisable e a dez anos de liberdade vixiada por cometer un asasinato con aleivosía, cometido para ocultar outro delito e subseguinte a un delito contra a liberdade sexual da vítima, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión. Ademais, condenouno, como autor responsable dun delito de detención ilegal e dun delito de agresión sexual, en concurso medial, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión, á pena de catro anos de prisión e a cinco anos liberdade vixiada.

Xuizo Diana Quer

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.