O Sergas e os hospitais privados funcionarán como un sistema único e integral

18 Marzo 2020

O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego manifesta que prosegue coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19.

Neste senso, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se porán en marcha para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados.

Así mesmo, o conselleiro destacou que se estableceu contacto con tódalas empresas de ambulancias de Galicia para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade.

Durante a xuntanza, Almuiña apuntou que a Xunta continúa mantendo o contacto con tódolos axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar tódalas medidas de recomendacións.

Ademais, afirmou que a Administración autonómica segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental coma co Ministerio de Sanidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.