O Museo Valle-Inclán pobrense continúa enchendo a Rede de cultura

23 Marzo 2020
Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

A pasada semana arrancou a iniciativa impulsada polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal para descubrir, desde a casa e xuntos, arte e cultura a través dunha sorte de coleccionable ou de colaboración diaria inspirada para poñer en valor a figura do máximo expoñente do esperpento. De feito, xa van seis as caricaturas e retratos de Ramón del Valle-Inclán amosados a través da Rede. O de hoxe consiste nun retrato heráldico realizado por Ramón Castro Gil, datado de 1944, empregando a fototipia.

Así, mentres dure a actual situación sanitaria, cada xornada ábrese a colección patrimonial para ofrecer unha escolma dos seus fondos, converténdose así nun Museo virtual para un público non presencial.

As persoas interesadas poden seguir as publicacións a través do Facebook de Turismo A Pobra do Caramiñal e da páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.