O IES Praia Barraña convoca o I Premio Barraña Negra

11 Marzo 2020

O IES Praia Barraña, xunto co Concello de Boiro, a Asociación Cultural Barbantia e A Pousada da Galiza Imaxinaria organizan o I Premio Barraña Negra. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral; o director do IES Praia Barraña, Juan Carlos Couto Vázquez; o mestre de debuxo do instituto, Fran Blanco Alcaide; o presidente de A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o xerente de A Pousada da Galiza Imaxinaria, Suso Santamaría.

Dita convocatoria ten un dobre obxectivo: fomentar a lectura no alumnado, xa que no centro se están a ler novelas deste xénero; e dar a coñecer entre o alumnado e público en xeral a autoría galega do xénero negro. O xurado deste premio serán membros do Club de Lectura da Biblioteca do IES Praia Barraña, composto por alumnado e profesorado do centro, que comunicará no transcurso do mes de marzo a resolución deste recoñecemento.

Unha vez se coñeza ao gañador ou gañadora, os estudantes traballarán nas aulas en torno a súa figura e obra a través de diversas disciplinas. O premio consiste nunha escultura elaborada polo alumnado de artes e un xantar de confraternidade que coincidirá coa entrega da distinción o 17 de abril. A celebración comprenderá un encontro no centro educativo e un acto público en A Pousada da Galiza Imaxinaria, no que a persoa premiada recollerá o galardón, concluíndo a xornada cun concerto de O Sonoro Maxín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.