O Faiado Tenda-Galería promove unha mostra colectiva na ribeirense Casa do Concello

10 Marzo 2020

Dez artistas participarán a partir deste mércores 11 nunha exposición colectiva de pintura e fotografía organizada na ribeirense Casa do Concello e promovida por O Faiado Tenda-Galería.

A mostra constará dunhas corenta obras de numerosos creadores: en pintura, Beatriz Martínez del Campo Ricoy, Antonio Pérez, Santarelli, Hugo Mario Pereira Bengua, Maralla e Novais; e en fotografía, Manuel Paz, Óscar García, María Porto e Olegario Sampedro.

A apertura está programada para mañá, ás 13.30 horas, e as persoas interesadas terán a ocasión de visitala ata o 30 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.