O delegado do Goberno en Galicia valorou a construcción da comisaría de Ribeira

07 Marzo 2020

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, analizou cos mandos policiais das cidades galegas as principais prioridades para reforzar a seguridade e consolidar a Galicia como unha das comunidades autónomas máis seguras do Estado. Expresouse así durante unha visita realizada á Xefatura Superior de Policía de Galicia tras a toma de posesión do seu novo titular, José Luis Balseiro. Na reunión valorou algúns dos principais proxectos en marcha da Policía Nacional en Galicia, como é a construción da comisaría de Ribeira; á vez que repasou as principais estatísticas en materia de seguridade.

Javier Losada visitou as instalacións da Xefatura Superior de Policía da Coruña, acompañado pola subdelegada na Coruña, Pilar López- Rioboo, tras a recente toma de posesión de José Luis Balseiro, e mantivo un encontro de traballo de coordinación cos mandos policiais galegos. Entre os obxectivos fundamentais establecidos figura a loita contra a violencia machista, combater o crime vinculado ás novas tecnoloxías, acabar coa delincuencia organizada e perseguir o narcotráfico.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, acompañado pola subdelegada na Coruña, Pilar López- Rioboo e os responsables das comisarías de Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo y Ourense.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.