O confinamento das nenas e nenos, máis levadío co programa pobrense Móvete na Casa

30 Marzo 2020

O Concello da Pobra continúa achegando propostas para paliar as consecuencias do confinamento, facendo un esforzo especial no lecer das nenas e nenos, que se atopan entre os que levan a peor parte do estado de alarma e da reclusión forzosa. Este luns 30 de marzo presentáronse as actividades do programa Móvete na Casa, que, como o seu nome indica, diríxese a subministrar ás familias recursos para que os seus integrantes sigan activos e combatan deste xeito a imposibilidade de saíren da casa.

As monitoras de Móvete na Casa publicaron hoxe un vídeo de saúda, dando a coñecer o seu obxectivo de “xuntarse” e “facer fronte a situación do estado de alarma” e que as familias poidan pasar “un anaquiño de tempo entretido na nosa compañía”.

Segundo indicaron, ao vídeo publicado este luns sumaranse este martes as primeiras actividades, “unha chea de aventuras para as pequenas e pequenos”.

Podemos ver máis información sobre a iniciativa en Instagram e máis no Facebook, onde se van ir publicando diariamente os audiovisuais de Móvete na Casa. Tamén teñen canle propia en YouTube.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...