O Concello de Ribeira facilitará tarxetas solidarias a persoas en risco de exclusión para a compra de alimentos

26 Marzo 2020

Os Servizos Sociais do Concello alcanzaron un acordo coa cadeas de distribución Vegalsa Eroski coa finde proporcionar a persoas en risco de exclusión tarxetas solidarias recargables que faciliten a obtención de alimentos e produtos de primeira necesidade, garantindo así a preservación da intimidade das persoas beneficiarias ao tempo que se facilita a
adquisición das mercadorías.
Trátase dunha iniciativa dada a coñecer hoxe na Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 e que se pretende estender a outras empresas análogas como unha alternativa aos habituais vales de alimentos que se subministran dende Servizos Sociais. Por outra parte, tamén se dou conta de que outra cadea alimentaria como é Gadis está a facilitar o reparto domiciliario de alimentos entre usuarios coordinados por Servizos Sociais.

Na comisión deixouse constancia a raíz de que algúns veciños están a recibir nos seus fogares os documentos de cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica que, tal e como se acordou a semana pasada, non existe a obrigatoriedade de abonar este tributo cuxo inicio do período de pago estaba previsto para o 15 de marzo. A razón de que estean a recibir tales documentos obedece a que o envío tivo lugar antes da declaración do
Estado de Alarma, pero se reitera que o pago non é obrigatorio ao
estar suspendidos os prazos.

No capítulo de agradementos, amosouse a gratitude da Comisión á
Delegación Territorial da Xunta de Galicia que xa comunicou ao
Concello que vai enviar unha segunda partida de material preventivo
(chegará mañá), á Consellería de Medio Rural por ceder unha
máquina do Paque Natural de Corrubedo para desinfección; e a
Grúas Lorenzo, Gloria Lijó Cacharrón, Sanimóvil, Construcciones
Mariscal e Carpintería Metálica Emilio Domínguez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.