O Concello de Ribeira avanza na dixitalización de diversos trámites para a veciñanza

06 Marzo 2020

A cidadanía ribeirense xa pode consultar online os seus recibos e, incluso, no caso de que non os teñan domiciliados, pagalos sen necesidade de acudir ao Consistorio ou a unha entidade financeira cunha simple tarxeta bancaria de débito ou crédito. Esta foi unha das principais novidades dadas a coñecer por parte da concelleira de Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Ana Barreiro, quen explicou os avances que se están impulsando desde o Concello en materia de administración electrónica e sustentable.

Para tal fin, xa está habilitada na páxina web www.ribeira.gal un novo apartado denominado Os teus recibos a 1 click, mediante o cal os contribuíntes poden acceder e consultar o estado dos seus impostos de vehículos, lixo, auga e sumidoiros introducindo unha serie de campos como DNI/CIF ou o número de recibo e o seu importe, datos estes últimos que se poden obter na documentación que remiten os bancos. Deste xeito, non se require autenticación con certificado dixital ou DNI electrónico.

No que respecta aos recibos non domiciliados, poden abonarse telematicamente a través deste mesmo sistema ao incluír unha pasarela de pago que permite cumprimentar este trámite, calquera día da semana e a calquera hora, da mesma forma que se merca nunha tenda online.

Así mesmo, o referido apartado posibilita o pago de recibos que están en recadación executiva, tales coma multas, sancións, etcétera.


Por outra banda, dirixido a persoas que teñen dificultades á hora de manexarse por Internet, a concelleira explicou que, acudindo á Oficina de Atención Cidadá situada no andar baixo do Consistorio, persoal municipal encargarase de asistir presencialmente aos usuarios neste labor. Cómpre lembrar, que cada cuadrimestre se organizan cursos gratuítos de alfabetización dixital encamiñados a acurtar a chamada ‘fenda dixital’.

Ao fío do anuncio destas novas prestacións, Ana Barreiro comunicou que se deixarán de enviar aos fogares os recibos en papel destes tributos, contribuíndo a reducir a pegada de carbono ao eliminar unhas 50.000 impresións anuais e aforrando ao redor de 30.000 euros das arcas públicas.


A edil tamén se referiu a outros avances coma a posibilidade de xestionar, calcular e pagar autoliquidacións a través da sede electrónica: prezo público de actividades culturais, cambio de titularidade en aperturas, escola municipal de música, dereitos de exame, expedición de documentos, ICIO, informacións urbanísticas, licencias de primeira utilización, expedición de licencias de taxi e de cemiterio, uso de instalacións deportivas e taxa por ocupación de subsolo, solo e voo, etcétera.


Outra das novidades ten que ver co pago a provedores porque, tal e como precisou, en aras á transparencia e á seguridade xurídica, os mesmos poden coñecer mediante un click a trazabilidade total do gasto desde que se detecta a necesidade ata o pago final. O sistema funciona mediante un circuíto de firmas automatizado polos responsables municipais autorizados, supoñendo un aforro de tempo e unha redución en papel coa conseguinte diminución da pegada de carbono. Cómpre salientar a este respecto que o Concello tramita unhas 5.000 facturas anuais, ao que hai que engadir toda a tramitación previa a cada unha delas: presentación de orzamentos, elaboración de propostas e resolución, entre outras.

Finalmente, a concelleira anunciou que se está traballando noutras futuras accións encamiñadas á transformación dixital coma, por exemplo, a elaboración dunha nova app ou as pantallas informativas que se van instalar en seis puntos do municipio.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...