O Concello de Boiro reforza o servizo de asistencia a persoas en risco

30 Marzo 2020

O Concello de Boiro vai poñer o foco nas familias en risco con motivo das restricións sociais, empresariais e económicas que se están a poñer en xogo estes días dende o Goberno central e que esta semana soben un novo chanzo en materia de endurecemento. Segundo informou o Concello, o departamento de Servizos Sociais ampliou o número de liñas telefónicas habilitadas para atender a persoas en situación de vulnerabilidade social, un servizo específico iniciado estas semanas (en colaboración con Protección Civil, Cruz Vermella e Cáritas de Boiro) para atender ás necesidades que abrollan por mor do estado de alarma, achegando a quen o precisase alimentos, medicinas ou bens básicos.

O departamento dotouse tamén de máis persoal co obxectivo de “prestar unha mellor atención e seguimento das veciñas e veciños que se poñen en contacto co departamento para recibir servizos ou información”.

O persoal de Servizos Sociais municipais informou tamén que se está a coordinar do mellor xeito posíbel o fornecemento dos devanditos recursos coas demais entidades, optimizando ao máximo o reparto de traballo para posibilitar que cada veciña ou veciño solicitante reciba as axudas requiridas canto antes.

As persoas usuarias poden contactar cos Servizos Sociais do Concello, de luns a venres en horario de 8.00 a 15.00 horas nos teléfonos 981 37 75 69, 981 37 75 70 ou 981 37 75 71. Fóra deste horario, o telefono para atender emerxencias e o 620 346 803.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.