O Concello de Boiro favorece con diversas medidas a recollida de residuos durante o Estado de Alarma

31 Marzo 2020

O Concello de Boiro vén de tomar medidas para a recollida de residuos durante o Estado de Alarma con “información e determinacións” destinadas, en palabras do Goberno local, “a potenciar a seguridade e saúde públicas”. Nas disposicións establécese que os contedores amarelos, que son os da recollida de envases e briks, vanse manter coas tapas levantadas durante o estado de alarma para que a cidadanía teña que manipulalos o menos posíbel. Deste xeito, minimízase o contacto e, en consecuencia, a posibilidade de contaxio.

A empresa encargada da recollida dos contedores amarelos, COREGAL, decidiu levar a cabo esta iniciativa ao verificar este días que unha manchea de bolsas de refugallos aparecían fóra dos recipientes.

Amais, co fin de seguir optimizando a recollida e a separación en tempos de Estado de Alarma e garantir a protección sanitaria de cidadáns e traballadores, dende de departamento de Medio Ambiente de Boiro insisten na importancia de que non se depositen nestes contedores xoguetes, cubos ou outros elementos de plástico e tampouco luvas ou outro material sanitario.

O Concello tamén explicou que as devanditas medidas estanse a complementar “cunha limpeza e unha desinfección constante dos contedores do lixo”, ao que se engade unha información cidadá máis exhaustiva e específica, coa elaboración da carteis específicos nos que se alerta ás persoas usuarias de que se extremen as medidas á hora de manipular os contedores.

Nos últimos días o Concello publicou tamén un bando informativo e diversos carteis para os usuarios dando conta de como debe facerse a recollida de residuos nos casos de fogares con positivo en COVID-19: os residuos de persoas con positivo ou en corentena preventiva deben ir, sen separar, nunha bolsa ben pechada, que á súa vez se vai meter nunha segunda bolsa cos luvas e máscaras da persoa coidadora. A segunda bolsa, ben pechada, irá ao lixo común da vivenda e depositarase no contedor xenérico.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.