O colectivo ribeirense das Amas de Casa homenaxeará o 22 de marzo ás persoas maiores

10 Marzo 2020
Cedida

Coma cada ano, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza a Homenaxe ás Persoas Maiores, en colaboración co Concello, a cal incluirá chocolate con churros e a actuación de Mar Davila. A cita terá lugar o 22 de marzo, a partir das 17.00 horas, no restaurante Baiuca. Neste senso, a saída de buses efectuarase ás 16.30 horas desde as marquesiñas situadas no entorno do mercado municipal. A retirada das invitacións pode realizarse no local da entidade, de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.00 horas.

A presidenta das Amas de Casa, Puri Cores, manifestou que agardan acadar a asistencia do pasado ano, contando con ao redor de 300 persoas. Tamén expresou que “este é un dos actos máis bonitos que temos dentro da asociación porque as persoas maiores son a nosa vida, as persoas que nos ensinaron todo.”

Por outra banda, a tesoureira do colectivo, Merchi Argibay, comunicou que xa está aberta a inscrición para a excursión a Lourdes, a cal se desenvolverá do 21 ao 25 de abril. Visitarase Burgos, Lourdes, grutas de Betharram e Cantabria. O prezo establécese nos 345 euros e inclúe traslado en autobús, hotel, pensión completa, entrada ás grutas e guía acompañante. O mínimo de prazas son 30 e o máximo 50. As persoas interesadas poden anotarse na sede situada en Ribeira, na rúa Monumento 5 Entreplanta, ou a través do teléfono de contacto 981874577, do whatsapp 619066684 ou do enderezo electrónico amasdecasaderiveira@gmail.com. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.