O Centro de Coordinación do estado de alarma intensificará a presenza policial en lugares clave

16 Marzo 2020

Por mor de facer efectivas as medidas do Goberno central en Galicia co gallo do COVID-19, constituíse este luns en Galicia o Centro de Coordinación para o cumprimento das esixencias dispostas no estado de alarma. Na posta en marcha do Centro, que xunta mandos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na nosa Comunidade, participou o delegado do Goberno Javier Losada. Na sesión tamén se deu forma aos Centros de Coordinación nas Subdelegacións do Goberno na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, nas que teñen presenza responsábeis de Policías Locais. Segundo se fixo saber, unha das primeiras medidas será intensificar a presenza policial en lugares clave.

Na primeira xuntanza traballouse, precisamente, na coordinación de todas as forzas e na optimización dos persoais. Como dixemos, decidiuse reforzar a súa presenza en lugares estratéxicos da Comunidade, sobre todo aqueles relacionados coa prestación de servizos básicos á poboación.

Tamén se fortaleceron os servizos de información á cidadanía, poñendo o foco nunha “atención especial ás fronteiras e puntos estratéxicos” así como “a zonas comerciais para facilitar o normal desenvolvemento das actividades de servizo público esencial”.

O delegado do Goberno destacou “o alto grao de cumprimento da cidadanía sen case incidencias” e apelou “á responsabilidade da sociedade galega nestes momentos complicados”.

En termos concretos, dixo que no primeiro día laborábel do Estado de Alarma a circulación reduciuse en Galicia un 67% con respecto ao luns pasado.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.