O BNG ribeirense celebra que se asuma oficialmente o topónimo con ‘b’

03 Marzo 2020
Membros dos distintos grupos da corporación municipal xunto cos comparecentes no acto de hoxe. Cedida

Os nacionalistas de Ribeira cualifican o día de hoxe como “histórico”, despois de que que o Concello asuma oficialmente o topónimo con ‘b’, volvendo “á súa forma orixinal e lexítima.”

Os concelleiros Xosé Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral amosaron a súa satisfacción porque “hoxe constátase que a presión do movemento social a favor de restituír a forma lexítima de Ribeira, xunto coas iniciativas realizadas polo BNG ao longo dos últimos anos e os requirimentos de diversas institucións e asociacións, dá froito e provoca un cambio histórico.”

Pérez Barral declarou que “isto é un logro da razón fronte os caprichos irracionais duns poucos”, ademais de poñer en valor tódalas iniciativas realizadas pola formación no Concello, no Parlamento de Galicia, no Valedor do Pobo e en Política Lingüística. Así, o edil concluíu afirmando que “é un día de alegría porque desde hoxe e para sempre, Ribeira será con be.” 

Desde o Bloque avanzaron que se manterán vixiantes co obxectivo de que, segundo apuntaron, se inicie dun xeito progresivo o cambio das formas deturpadas e se empregue a forma correcta. Os nacionalistas tamén acusaron ao alcalde Manuel Ruiz de que, durante estes anos, “gastase cartos públicos en instalar letreiros coa forma deturpada sen importarlle que estivese atacando a lingua galega e incumprindo a lexislación vixente.”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...