Nova App da Xunta para móbiles con información a empresas e autónomos

28 Marzo 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da app Gohu, vén de activar unha canle de novas dirixida a empresas e autónomos a través da que poderán recibir toda a información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo coronavirus.
As persoas interesadas deben descargar a aplicación desde Google Play Store ou Apple Store; crear un usuario; e introducir o enderezo postal. Deste xeito, a plataforma poderá enviar a información ao usuario e este recibila en tempo real directamente no seu teléfono móbil de xeito automático. Este servizo é totalmente gratuíto. Nestes momentos xa hai preto de 1000 usuarios rexistrados.
Con esta nova ferramenta, a Xunta busca estar máis preto dos autónomos e empresarios nestes momentos de dificultade, achegándolles información sobre as medidas das que se poden beneficiar para minimizar o impacto do coronavirus nos seus negocios. E súmase a outras medidas como a Liña Empresas posta en marcha nos últimos días: un teléfono gratuíto (900 815 600) para atender consultas sobre a tramitación dos expedientes de
regulación temporal de emprego (ERTE).
Así, desde a Xunta estanse impulsando accións para permitir que o tecido empresarial galego conte cos fondos necesarios para facer fronte ao seu día a día, como a liña de financiamento a través de préstamos, o aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos formalizados coa Xunta -a través do Igape e XesGalicia-, ou unha liña de financiamento para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva e poder fabricar material sanitario. No eido da prevención, tamén se elaborou unha guía con especial
atención aos traballadores, que foi editada polo Issga coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia e os principais sindicatos.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.