Mar achanda o terreo para permitir que o marisqueo acceda ás prestacións do estado de alarma

24 Marzo 2020

A Consellería de Mar mostrou onte a súa intención de garantir a máxima cantidade de axudas ao sector marisqueiro durante o tempo que duren as consecuencias da pandemia de COVID-19, e máis tendo en conta que, segundo fai saber o departamento da Xunta, a caída da facturación do sector na nosa Comunidade é superior ao 77%. Isto abriría a xanela ás compensación económicas establecidas polo Goberno central por mor das consecuencias do estado de alarma, que fixa como requisito fundamental para achegar axudas un descenso por enriba do 75%.

Estes son datos achegados pola Consellería do Mar, que recoñece estar facendo un seguimento constante da actividade no sector pesqueiro e marisqueiro galego desde que comezou a alerta sanitaria, co obxectivo de “coñecer a súa evolución e defender os intereses dos profesionais do sector”. Neste sentido, o departamento que dirixe Rosa Quintana quere preparar o terreo para que o sector poida beneficiarse das devanditas prestacións, poñendo ao seu dispor unha serie de recursos.

Entre esas ferramentas atópase un informe elaborado polo Executivo galego que constata que a caída da facturación do marisqueo a pé e de recursos específicos en Galicia é de máis do 77% no que vai de mes en relación co semestre anterior. O documento, que xa está a disposición do sector, avala o cumprimento do requisito para acceder á prestación e mostra que a caída das vendas débese “a que os produtos do sector, de gran valor económico, apenas teñen saída como consecuencia de que está pechado o sector hostaleiro e non hai alternativas para a súa comercialización”.

A Consellería do Mar xa remitiu este informe a varias entidades do sector que lle solicitaban o peche xeral da actividade marisqueira en Galicia ao tempo que aclara que o marisqueo, “ao tratarse dunha actividade de subministro de alimento”, non está entre as actividades suspendidas polas medidas establecidas pola Xunta e polo Goberno central ante a crise do coronavirus. Quintana lembra que o Executivo galego non pode pechar a actividade de forma xeral pois “trátase dunha competencia que se atribuíu o Estado ao emitir a declaración do estado de alarma, abocando esa capacidade ao Ministerio de Sanidade”.

Porén, Mar lembra que o regulamento galego permite que cada confraría poida solicitar o peche ou adiamento da actividade extractiva no marco do seu plan de xestión, polo que a Consellería “pode proceder a ditar as resolucións específicas pertinentes para cada confraría solicitante baixo os criterios e argumentos achegados”. Unha vez feito iso, os afectados poderían solicitar a prestación polo cese de actividade como consecuencia desta situación e empregar o informe da Xunta para reforzar a súa petición.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...