Máis de 15.000 atletas participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

06 Marzo 2020

A deputada da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares. O acto contou tamén coa asistencia doutros membros do Goberno provincial coma a deputada de Educación, Sandra González, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 30 probas do circuíto, que na súa sétima edición recalou nos concellos de Oroso, O Pino, Mazaricos, Dumbría, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, A Laracha, Curtis, Ares, Cambre, Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Corcubión, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto so Son

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamáronse vencedores nas categorías absolutas masculinas Amador Pena Torreira (Club O Pino), Juan Ávarez Cures (Club O Pino) e Rubén Insua Díaz (Club Sar- Vermú Petroni) , e nas femininas Rocío Alvite Ferriro (Sar), Natalia Rivas Suárez (O Pino) e Tina Fernández Barreiros (Sar). Asemade, foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar- Vermú Petroni (Comarca do Sar) resultou vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A clasificación masculina completárona o Club Atletismo O Pino (O Pino) e Noitebra (Santiago) mentres que o segundo e terceiro premio femininos recaeron en Atletismo O Pino e Club La Mochila del Deporte (A Coruña).

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, Asociación Deportiva Olimpia e Triki Team, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Triki Team, Santa Uxía e Atletismo Noia.

Cristina Capelán felicitou ás gañadoras e gañadores e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

PRINCIPAIS PREMIOS

CATEGORÍA ABSOLUTA MULLERES: Rocío Alvite Ferreiro (Sar), Natalia Rivas Suárez (O Pino), Tina Fernández Barreiros (Sar)

CATEGORÍA ABSOLUTA HOMES: Amador Pena Torreira (O Pino), Juan Alvarez Cures ( O Pino), Rubén Insua Díaz ( Sar)

CLUBS ABSOLUTO FEMININO: Atletismo Sar- Vermú Petroni m, ub Atletismo O Pino, Club La Mochila del Deporte- A Coruña

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO: Atletismo Sar Vermú Petroni, Club Atletismo O Pino, Noitebra

CLUBS MENORES FEMININO: Atletismo Noia ,,oc. Deportiva Olimpia, Triki Team

CLUBS MENORES MASCULINO: 1.Triki Team 2. Santa Uxía 3. Atletismo Noia

Gañadores do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña
Gañadores do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.