Incendio nun piso do casco urbano de Ribeira na tarde de onte

16 Marzo 2020
Cedida

Ao redor das 16.40 horas de onte recibiuse aviso dun incendio no terceiro andar dun edificio situado na rúa Linares Rivas, en Santa Uxía. O lume estaba bastante desenvolvido e virulento, pois xa saía por unha das fiestras. Ata o lugar desprazáronse bombeiros de Ribeira, de Boiro, Policía Local e Policía Nacional.

Primeiramente, actuouse coa autoescada para evitar que as lapas continuasen saíndo ao exterior e, seguidamente, procedeuse ao interior do edificio para extinguir o incendio. A continuación, aseguráronse de que non quedase ningún foco de lume nin de calor, e aireouse o inmoble coa axuda dun ventilador para sacar o fume e tódolos gases. A intervención rematou ao redor das 17.50 horas e tan só houbo danos materiais, principalmente, na zona do dormitorio, con mobles e roupa.

Ao parecer, a vivenda é ocupada con frecuencia por toxicómanos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.