Galicia rexistra un total de 285 casos infectados por coronavirus

17 Marzo 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285: 84 na área da Coruña, 26 na de Lugo, 32 na de Ourense, 37 na de Pontevedra, 49 na de Vigo, 50 na de Santiago, e 7 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 3 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.099.

A Xunta manifesta que continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con tódolos axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que se segue en alerta actualizando tódalas medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Así mesmo, insístese en que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900400116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade inciden nas recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Por isto, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Tamén se evitará tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.