Francisco Conde reuniuse cos empresarios de Ribeira para abordar a creación do novo polígono

02 Marzo 2020
Cedida

O local da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu o venres 28 unha reunión á que asistiron o presidente da patronal, Francisco Martínez; o alcalde Manuel Ruiz; o edil de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e unha trintena de empresarios interesados no novo polígono.

O rexedor expuxo os antecedentes e en que punto se atopa actualmente a creación do novo parque empresarial. Tamén explicou que a modificación que tiveron que facer do Plan Xeral Urbanístico foi unha das razóns que motivou o retraso, pero sinalou que xa se pode estimar que a partir de mediados deste ano se aprobe a modificación do Plan e que se sacará unha listaxe previa de interesados. Neste senso, prevese que a finais deste 2020 se proceda coa aprobación definitiva do Plan, empezando xa coa expropiación e urbanización, calculándose que o custe sexa de 50 euros por metro cadrado.

Pola súa parte, o conselleiro Francisco Conde detallou a liña de axudas para os polígonos e anunciou que proximamente se sacarán novas achegas para contribuír á súa creación. Isto unido a que, tal e como apuntou, Ribeira é “un concello emprendedor”, redunda en que as empresas teñan moitas facilidades á hora de acceder ao solo empresarial. Así mesmo, expresou o compromiso da Xunta de Galicia para facilitar un marco de colaboración co Concello ribeirense que terá continuidade coa posta en marcha deste novo polígono e apoio aos investimentos.

Desde a Asociación de Empresarios de Ribeira, o presidente Francisco Martínez asumiu o compromiso de facer un seguimento, en colaboración co Concello, dos prazos establecidos, ademais de organizar outro encontro en relación a esta cuestión, a petición de tódolos interesados.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.