Fiscalía solicita catro anos e medio de cárcere para dous homes por vender droga nos xardíns da Pobra

06 Marzo 2020

O Misterio Fiscal demanda catro anos e medio de prisión para dous homes, maiores de idade e sen antecedentes penais, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano.

Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos remóntanse a marzo do 2017 durante o transcurso dun dispositivo de vixilancia levado a cabo pola Garda Civil de Boiro, na zona dos xardíns de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, ante as sospeitas de que os acusados, “postos en común e previo acordo na acción”, se dedicaban á venda de substancias estupefacientes, comprobándose como acudían ao citado lugar numerosos mozos consumidores de drogas. O texto tamén recolle que, previamente, os acusados escondían ovos Kinder, con cocaína no seu interior, entre os arbustos da zona, sendo interceptados polos axentes actuantes. No momento do arresto interviñéronlle a un dos acusados 10 bolsiñas plásticas de cocaína, cun peso de 2’674 gramos e un valor no mercado de 159’10 euros; mentres que o outro portaba 5 bolsiñas plásticas de cocaína, cun peso de 1’337 gramos e un valor no mercado de 79’55 euros, así como unha bola de haxix, de 0’186 gramos e cun valor de 10’15 euros, e un total de 91 euros fraccionados en moedas procedentes da venda de substancias a terceiros.

Ademais dos catro anos e medio de cárcere mencionados anteriormente, a Fiscalía pide inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante a condena e 650 euros de multa.

O xuízo está previsto para o próximo mércores, na sección sexta da Audiencia Provincial, con sede en Santiago de Compostela.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...