Feijóo di que pasaremos abril confinados

31 Marzo 2020

A crise sanitaria polo coronavirus agravarase durante o mes de abril. Así o prevé a Xunta, que espera o pico de contaxios ao longo deste mes debido a que en Galicia comezou máis tarde a pandemia.

“Se este marzo foi duro, máis duro será abril”, dixo Alberto Núñez Feijóo. “Manexamos distintos modelos e escenarios, pero todas as análises coinciden: non chegamos ao pico, aínda que esperemos que nos esteamos achegando”, insistiu o mandatario autonómico.
A propia planificación da Xunta prevé poñer en marcha as medidas máis drásticas avanzado o mes. Segundo indicou Feijóo, “estamos na fase dúas”. A partir da fase tres interviranse os recursos da sanidade privada que, aínda que xa se están utilizando, aínda manteñen polo menos 500 camas e 79 UCis libres. axencias.

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. cedida

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.