Falece Elton, o pastor belga que axudou a localizar a Diana Quer

24 Marzo 2020

Esta semana deixounos un heroe de catro patas: o can Elton, que, como lembraremos, foi o responsábel de que se atopase o sitio exacto onde se achaba o corpo de Diana Quer logo dos meses transcorridos dende o seu asasinato. Así o comunicou a Garda Civil a través da canle Perrosde Busqueda, que salientou na nota necrolóxica “o grandísimo labor policial despregado por Elton ao longo da súa andaina coa Garda Civil”.

A súa profesionalidade motivou que en 2016 fose galardoado como can do ano en España, amais de vir acompañada de grandes contribucións á historia do corpo, como por exemplo a localización do neno Gabriel Cruz ou da devandita Diana Quer. Elton faleceu este domingo por causas naturais á lonxeva idade de 16 anos, segundo confirmou o instituto armado, que conta con máis de medio milleiro de rastrexadores caninos entre as súas fileiras (a través do Servizo Cinolóxico), especializado en localizar drogas, explosivos ou persoas. Elton, da raza pastor belga, foi xubilado con honras en febreiro de 2019 tras ter traballado en máis de cincocentos casos.

Outros artigos

A firma rianxeira D-due gaña o I Premio Luís Seoane de deseño

A firma de moda D-due, con sede en Rianxo, resultou finalmente a gañadora do I Premio Luís Seoane de deseño, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña. As e os integrantes do xurado do premio da Deputación O proxecto que dirixen Charon Froján e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.