O hospital comarcal xa ten operativo o sistema de realización das probas de coronavirus desde o coche

23 Marzo 2020

Os hospitais comarcais da rede do Servizo Galego de Saúde -en concreto os hospitais da Barbanza, Burela, Monforte e Valdeorras- poñen en marcha o sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse deles.

Na actualidade xa funciona tamén nos hospitais de Vigo, Ourense, Lugo, Coruña, Pontevedra, Santiago e Ferrol. En total, en tódolos puntos de mostraxe desde o inicio desta medida a pasada semana realizáronse 955 probas a pacientes desde os seus vehículos.

O hospital da Barbanza xa ten operativo hoxe un punto fixo de toma de mostras desde os vehículos; mentres que nos da Mariña e Monforte comezará proximamente, e o do Barco de Valdeorras iniciará a recollida de mostras desde o coche a partir de mañá. O Sergas planifica a ampliación deste servizo en próximos días aos hospitais comarcais de Verín e Salnés en función da demanda.

Este sistema só se lle realizará ás persoas que teñan prescrición facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que vén incrementando a súa demanda nos últimos días.

O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva dos hospitais, permite axilizar tempos porque posibilitan que os cidadáns se despracen en coche aos centros hospitalarios, ademais de diminuír a utilización dos equipos de protección individual (EPI), pois os profesionais empregarán un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.