Este martes chegou unha nova visita virtual ao Museo Valle-Inclán da man de Siro López

24 Marzo 2020

Cultura e historia para combater a reclusión nos nosos fogares e para seguir mantendo abertas as xanelas do pensamento. Esta é a base sobre a que se asentan as visitas virtuais diarias que está a organizar o Museo Valle-Inclán da Pobra da Caramiñal con motivo de facernos esquecer, durante uns intres, as circunstancias derivadas da pandemia. A iniciativa, que se puxo en marcha a semana pasada con feitura de experiencias diarias coleccionábeis dirixidas a enxalzar a obra e a vida do autor de Divinas Palabras, chegou este martes 24 de marzo á súa sétima entrega.

Na visita afóndase novamente na vertente máis pública e política de don Ramón del Valle-Inclán, seguindo a liña da temática abordada esta semana. En concreto, móstrase a visión do artista Siro López sobre o ilustre escritor pobrense.

Por certo que mentres dure a actual situación sanitaria, cada xornada ábrese a colección patrimonial para ofrecer unha escolma dos seus fondos, converténdose así nun museo virtual para un público non presencial.

As persoas interesadas poden seguir as publicacións a través do Facebook de Turismo A Pobra do Caramiñal e da páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

A Pobra ofrece viaxes personalizadas en veleiro pola ría de Arousa

A actividade levarase as fines de semana de xullo e agosto, celebrándose a primeira este sábado, día 19. O Concello da Pobra do Caramiñal lanza, un verán máis, unha das súas propostas estrela: excursións en grupo reducido a bordo dun veleiro pola ría de Arousa, a máis...

+

O empresario Severino Escurís Batalla celebra o seu cen aniversario

Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de ACTEMSA, cumpre cen anos este 18 de xullo: un século de vida adicado literalmente ao traballo e ao progreso económico empresarial da súa comarca (O Barbanza) e da súa vila, A Pobra do Caramiñal. En palabras do...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.