Este domingo, gran festa de estrea dos equipos de bateis do Club de Remo pobrense

06 Marzo 2020

A praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal, a carón da Alameda, vai acoller este domingo ás 13.30 horas un importante acontecemento deportivo para a nosa comarca: a presentación dos equipos de bateis que van competir baixo o nome do Club Remo local nesta tempada 2020. Segundo puidemos saber, máis de 70 rapaces e rapazas, e tamén algún deportista absoluto e absoluta, estarán presentes no acto, como tamén os barcos e remos que empregarán para as vindeiras competicións.

Igualmente, farán acto de presenza os responsábeis das empresas e das entidades patrocinadoras que, segundo lembra o Club, “fan realidade esta actividade deportiva”.

Á presentación está convidada toda a veciñanza que queira completar a sesión vermú do domingo cunha paréntese de gran interese deportiva: unha moi boa oportunidade para coñecer, de primeira man, aos equipos que representarán á Pobra nesta tempada.

Tempada de bateis 2020

A presentación coincide co remate de seis meses de adestramento continuo, un tempo que lles serviu ás categorías base do Club para afrontar as importantes regatas do calendario vindeiro. Segundo informan dende a entidade deportiva pobrense, malia que “o listón está moi alto”, hai ilusión por seguir repetindo os éxitos da tempada anterior: “O ano pasado os infantís masculino proclamáronse campións de España, fito que será moi complicado repetir, pero as ganas son as mesmas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.