Educación pública unha guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo Covid-19

19 Marzo 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de
suspensión das clases polo COVID-19.
A guía ( https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30573 ) recomenda facer unha planificación preliminar, desde a titoría e non por materia, co obxectivo de non sobrecargar con tarefas o alumnado e de establecer rutinas que permitan un esquema de traballo similar ao habitual, na medida do posible.
No referido ás ferramentas que se poden usar, a guía recomenda empregar as institucionais, como as que proporciona a Consellería, que permiten enviar contidos, recibir tarefas e traballar en equipo. En calquera caso, indica que se seleccionasen outras diferentes sería recomendable consensualas entre todo o profesorado para facilitarlles o acceso ás familias.
Neste sentido cómpre lembrar que o departamento educativo da Xunta de Galicia pon ao dispor de cada un dos centros educativos unha aula virtual creada no entorno Moodle así como outras plataformas institucionais coma Agueiro (ferramenta corporativa de creación de portafolios dixitais educativos), Redeiras (rede social do profesorado galego), Espazo Abalar
(repositorio de contidos educativos da Xunta de Galicia) e abalarMóbil.
Esta última aplicación permite, ademais, que as familias consulten información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Así, van poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo a través dun servizo de mensaxes que ten como obxectivo prioritario facilitar a
comunicación das familias co centro educativo.
Tamén se lles ofrece aos docentes orientacións técnicas para a creación de vídeos e materiais (arredor das licenzas axeitadas, limitación de espazos), así como unha descrición do posible desenvolvemento dunha xornada lectiva a través da rede.
Doutra banda, o documento relaciona diferentes espazos virtuais con recursos educativos de diferentes materias e niveis, unha listaxe de ferramentas específicas con diversas aplicacións (de debuxo técnico, software matemático, deseño 3D, aprendizaxe de linguas, etc). Así mesmo recorda que as webs de institucións como museos e pinacotecas (como o
Museo do Pobo Galego, o MUPEGA ou o Museo do Prado, entre moitos outros) ofrecen percorridos virtuais e materiais didácticos.
Formación e asesoramento Por último, a guía recorda as opcións do profesorado galego para a teleformación e asesoramento, tanto a través da plataforma da Rede de Formación do Profesorado, Platega, que continúa a desenvolverse con normalidade, como a través dos contidos en aberto que
anuncia o CAFI a través das súas redes sociais. En calquera caso, todos os docentes que precisen resolver dúbidas poden contactar co persoal asesor da Rede de Formación.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.