Dous ribeirenses e catro pobrenses entre os españois vitimas de campos nazis

01 Marzo 2020

Seis barbanzáns figuran na lista con datos de 5.258 persoas falecidas durante a II Guerra Mundial en campos de concentración nazis. a relación aparece na web www.fallecidosenloscamposnazis.org. Trátase dun proxecto da asociacion Amical de Mauthausen e o Ministerio da Presidencia.

No listado de falecidos figuran os ribeirenses José Callón Peón(29 anos) morto o 18 de febreiro de 1943 en Mauthausen e Manuel Fernández Parada(26 anos) falecido en Gusen o 13 de mail de 1942.

Tamén figuran os pobrenses Francisco Caamaño Fernández( 34 anos) morto o 3 de novembro de 1941 en Gusen, Juan Cameán San Isidro (25 anos) falecido o 29 de setembro de 1941 en Hartheim, José Millán Martínez ( 26 anos) morto o 15 de xaneiro de 1942 en Gusen e José Minguez Castro (34 anos) falecido o 10 de xaneiro de 1943 en Gusen todos dependentes do campo principal de Mauthausen.

A web foi presentada este xoves no Instituto Cervantes, polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, e o historiador Juan Manuel Gascón, da Asociación Amical de Mauthausen e outros campos. A páxina (https://fallecidosenloscamposnazis.org) recopila os datos persoais e nos casos que se pudo unha pequena biografía das 5.258 personas que morreron, dos 9.000 españois deportadas desde Francia entre 1940 e 1944 nos diferentes campos de Mauthausen.

Momento da liberación polos aliados do campo de Mauthausen


Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.