Detidos dous ribeirenses tras ser sorprendidos in fraganti roubando nunha vivenda

18 Marzo 2020

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira procederon á detención de dous varóns de 44 e 47 anos, veciños de Ribeira, como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

Os detidos foron sorprendidos por unha patrulla cando saían pola fiestra dunha vivenda portando diversos efectos, polo que foron interceptados e, unha vez se comprobou que a ventá estaba forzada, procedeuse á súa detención. Os efectos recuperados foron entregados ao seu lexítimo propietario.

Un dos presuntos autores xa foi detido días atrás despois de ser sorprendido cometendo outro roubo con forza nas instalacións portuarias la lonxa vella, tras forzar un dos almacéns. Neste caso, o individuo portaba no momento da súa detención diversas ferramentas que subtraera do interior do referido almacén, as cales foron entregadas ao seu lexítimo propietario.

Ambos detidos constan de antecedentes policiais por feitos similares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.