Chega a Ribeira material de protección contra o coronavirus procedente da Xunta. Suspendido o mercadiño do sábado

25 Marzo 2020

O Concello de Ribeira vén de recibir esta tarde unha partida de mascarillas e guantes enviadas pola Xunta de Galicia. Trátase do primeiro material de
protección contra o coronavirus procedente doutras administracións
que chega ao noso ente local. O lote, conformado por 250 mascarillas quirúrxicas e 17 paquetes de guantes, será destinado prioritariamente a satisfacer as necesidades do Servizo de Atención Domiciliaria que coordinan os Servizos Sociais municipais.
Neste senso, cómpre salientar que grazas á colaboración de numerosas entidades e empresas da contorna o Concello está a aportar material preventivo a distintos organismos implicados dun ou doutro xeito na loita contra a pandemia (como a Policía Nacional e a Patrulla Fiscal da Garda Civil, ademais do GAEM, Policía Local e Protección Civil e a concesionaria de limpeza Urbaser) así como en centros onde a dotación deste material é unha prioridade, tales como o Hospital do Barbanza, as residencias do maior de Ribeira e Artes e a asociación Amicos.

A Comisión de Seguimento e Evolución do Coronavirus deixou constancia expresa no día de onte do seu agradecemento a entidades como a confraría de Ribeira, Colexio Bayón, Asia Star, Benito da Bouza e Hermanos Parranda, hoxe fixo o propio con outras empresas colaboradoras que están a aportar
material e vehículos para afrontar o Estado de Alarma: foi o caso de Excavaciones Nima, Anspal, Marqués de Marancán, Vías y Servicios Generales, Tarrío e Suárez, Sograni, Aqualia e China Mark. Fíxose mención tamén da Lonxa de Ribeira e Frinsa polo seu ofrecemento de produtos alimenticios (peixe fresco nun caso e conservas no outro), cuxo reparto entre a veciñanza con este tipo de carencias coordinado por Servizos Sociais e Protección Civil, coa asistencia de organizacións benéficas colaboradoras.
A este último respecto, déronse instrucións aos Servizos Sociais para que coordinen con outra cooperadora habitual do Concello como é Cruz Vermella á hora do reparto de alimentos, tal e como se está a facer con ongs como Cáritas ou ICE Renovación.

Por outra parte, no transcurso da Comisión douse conta de que tras a cuestión plantexada polo Concello de Ribeira á Consellería de Medio Rural sobre o mercadiño dos sábados, este publicou unha orde no DOG polo que prohibe ata o 31 de marzo a realización de mercados tradicionais con venda directo de produtos agrícolas e gandeiro, polo que canda menos este sábado non haberá mercadiño.
Ademais, deixouse constancia de que o levantamento desta prohibición unha vez transcorra o 31 de marzo, se é o caso, terá lugar coas medidas de prevención e seguridade xa adoptadas polo Concello de Ribeira nos seus últimos mercadiños e que, de feito, lle foron recomendadas pola nosa administración á Consellería: separación dos postos nun mínimo de 6 metros cunha vía de tránsito entre eles, distancia mínima de 2 metros tanto entre compradores como vendedores, utilización obrigatoria de luvas para a manipulación dos produtos, etc…

Chegada a Ribeira de material de protección contra o coronavirus procedente da Xunta

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.